Noticias

"O ARMIÑO DORME"

Un relato de Neira Cruz considerado un dos mellores libros do 2006 polo Banco do Libro de Venezuela

26-02-2007
A asociación civil venezolana sen ánimo de lucro Banco del Libro seleccionou a edición en castelán do relato “O armiño dorme” de Xosé Antón Neira Cruz entre os dez mellores libros xuvenís do ano 2006.
O libro, editado por Alfaguara, foi seleccionado na sección de tradución desta prestixiosa lista elaborada desde 1980 e na que centos de libros pasan por unha selección previa dun comité interdisciplinario para despois ser avaliados por un xurado. “O armiño dorme” gañou o VI Premio Raíña Lupa en 2002 e foi editado por Galaxia en 2003. A novela recrea a historia de Bia, unha rapaza da familia dos Medici que apareceu na súa tumba cun armiño aos seus pés e un diario no que contaba a súa vida.

Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |