María Reimóndez selecciona unha serie de títulos de literatura infantil e xuvenil destacados, xa sexan traducións ao galego, ou libros galegos levados a outras linguas.
María Reimóndez (Lugo, 1975) traballa como tradutora e intérprete. Publicou o poemario Moda Galega, recibiu o Premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo polo obra O caderno de bitácora e do 2006 é a colección de relatos O club da calceta. Forma parte do grupo Feminario de investigación, da Universidade de Vigo, e é fundadora da ONG Implicadas no Desenvolvemento. Na colección xuvenil de Xerais, Merlín, publicou as novelas Lía e as zapatillas de deportes e Usha. Traduciu máis dunha ducia de títulos de LIX desde o alemán e o inglés para o galego.