Noticias

DOUS GALARDÓNS NUNHA FIN DE SEMANA

Manuel Rivas faise cos premios da Crítica e Antón Losada Diéguez

30-04-2007
A última fin de semana de abril resultou pródiga en premios para Manuel Rivas, xa que o coruñés resultou agraciado co Premio da Crítica de Galicia pola súa obra "Os libros arden mal", que tamén lle valeu o Antón Losada Diéguez.
Os premios da Crítica recoñeceron tamén, a Fundación Granell, o ensaio " A violencia excedente" de Franciso Sampedro e a Asociación Xermolos de Guitiriz, ademais da propia Fundación Premios da Crítica, que facía trinta anos. Pola súa banda nos Losada Diéguez tamén foi recoñecía a obra "Fitotoponimia galega" de Gonzalo Navaza. Ao tempo, fallouse tamén estes días o XXV premio Blanco Amor de Novela, que foi para Xesús Rábade por "Mentres a herba medra".

Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |