OS ESCRITORES DO ANO
Pepetela, Rivas, Baixeras e Marica Campo, entre os premiados da Asociación de Escritores
07-05-2007
A xa tradicional Cea das Letras serviu este sábado para que a Asociación de Escritores en Lingua Galega entregase os seus galardóns. O angolano Pepetela foi recoñecido Escritor Galego Universal, mentres que "Os libros Arden mal" levou o premio a mellor obra de narrativa, e "O pan da tarde" de Xabier Rodríguez Baixeras o de poesía.
Na categoría infantil e xuvenil triunfou "Abracadabras" de Marica Campo, Antón Lopo levou o de mellor traxectoria xornalística, Manuel Forcadela fíxose co de Ensaio e en teatro gañou "Medidas preventivas" de Gustavo Pernas . A tradución de "Brooklyn Follies", de Eva María Armazán e o "Diario Cultural" da Radio Galega completaron a lista de galardóns.
Imprimir