Noticias

Libro-cd en do Cumio

Once máis 15

02-07-2009

O volume xunta textos de poetas, de Rosalía a Daniel Salgado coa música de Fanny+Alexander ou Ataque Escampe.

Once poetas e quince grupos. Xuntounos unha iniciativa da asociación MusicARTE, coordinada polo músico Miguel Alonso, e ve a luz en formato libro-cd. “Ningún lugar seguro para os amantes, agás a respiración” canta Ataque Escampe, a partir dun texto contido no Libro dos amados de Antón Lopo. Os textos van de Rosalía e Curros ao Grupo Rompente e Daniel Salgado. Convértense en cancións por virtude dun elenco variado de músicos no que conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e outros diversos estilos.

Pódese ler na páxina de Cumio o limiar da obra, escrito pola poeta e editora María Lado, así como os textos e fotografías dedicados a Alfonso Pexegueiro e ao texto "Se has de chorar", ao que lle pon música zimmer103 e a Álvaro Cunqueiro de quen Miguel Alonso se encargar de musicar "Nos ollos teus".

Zimmer103, Miguel Alonso, Ataque Escampe, Miguel A Suárez, Xurxo Mares, Fanny+Alexander, Anxo Rei, Roberto Sobrado e banda, Snail, Meiga do Norte, Julian Ross, David Taboada, Elanor, Fucoxabier e Nao poñen a música. Os poemas escollidos pertencen a Alfonso Pexegueiro, Álvaro Cunqueiro, Antón Lopo, Celso Emilio Ferreiro, Daniel Salgado, Darío Xohán Cabana, Grupo Rompente, Luis Pimentel, Manuel Curros Enríquez, Manuel María, e Rosalía de Castro.

O libro recolle as versións orixinais dos poemas, aquelas que serviron como punto de partida para as composicións dos músicos, así como as biografías dos autores. Por parte dos músicos, a edición achega imaxes dos artistas e bandas ás que acompaña un texto de presentación de cada unha delas.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Novas relacionadas:

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |