"CORRE, CORRE, CABACINHA"
OQO acada o recoñecemento dos premios portugueses de ilustración
25-05-2007
Os premios nacionais de ilustración en Portugal, contaron nesta súa última edición cunha representación galega. A obra "Corre corre, cabacinha" de Eva Mejuto, con ilustracións de André Letria, e editada por OQO foi recoñecida polo xurado deste galardón.
Ao tempo, obras editadas por Kalandraka, Xerais, a Xunta e o CGAC poden verse estes días en Madrid dentro das mostra "Listos para ler. Deseño de Libros en España", que recolle catrocentas obras editadas entre 2004 e 2006.
Imprimir