Noticias

11,12,17 e 20 de novembro

Se nos organizamos, lemos máis

07-11-2008

Uns encontros formativos sobre a súa creación e mantemento procuran ampliar o número de clubs de lectura.

Coa consciencia de que é a posta en común e a discusión sobre a lectura un dos motores fundamentais para a súa extensión, botou a andar hai algo máis dun ano a iniciativa dos Clubs de Lectura de Pontevedra, intentando seguir a experiencia doutros traballos, fundamentalmente ligados ás bibliotecas públicas do país. E coa vontade de que estas iniciativas se estendan, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural organiza, nas vindeiras semanas, catro xornadas formativas arredor da creación e mantementos destes espazos para a lectura comunal. Comezarán en Lugo o vindeiro día 11 de novembro, e a esta seguiranlle Ourense o 12, Pontevedra o 17 e A Coruña o 20.

Diríxense, estas xornadas de formación, a membros de asociacións, traballadores das bibliotecas, persoal docente ou calquera outra persoa interesada na extensión do hábito de ler botando man da lectura compartida.

A actividade materialízase en sesións de tres horas, realizadas nas bibliotecas públicas nodais das catro cidades, e os asistentes recibirán material informativo pensado para pór a andar unha iniciativa deste tipo. Serán impartidas por Eva López, que conta coa experiencia de pór en camiño e de coordinar os Clubs de Lectura de Pontevedra e Compostela. Abordaranse, entre outras cuestións relativas á definición dun club de lectura, a súa creación, a conformación das sesións de lectura compartida, a dirección das reunións, actividades complementarias que se poden realizar, a escolla de obras ou e a procura de documentación útil.

Inscrición e calendario

As persoas interesadas en asistir a esta actividade deberán anotarse previamente nas bibliotecas nodais das respectivas cidades, dado que o número de prazas é limitado. Están dispoñíbeis para realizar a inscrición os seguintes contactos:

Lugo
11 de novembro, de 17 a 20 horas
Biblioteca Pública de Lugo, Avda. Ramón Ferreiro s/n, 27002 Lugo.
Tfno.: 982228525 ou 982228085. Correo: biblio.publica.lugo@xunta.es

Ourense
12 de novembro, de 17 a 20 horas
Biblioteca Pública de Ourense, Rúa Concello 11, 32003 Ourense.
Tfno.:988210700. Correo: bpou@olmo.pntic.mec.es

Pontevedra
17 de novembro, de 16,30 a 19,30 horas
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Rúa Alfonso XIII 3, 36002Pontevedra.
Tfno.: 986850838. Correo: biblio.publica.pontevedra@xunta.es

A Coruña
20 de novembro, de 17 a 20 horas
Biblioteca Pública Miguel González Garcés, Rúa Miguel González Garcés nº1, 15008 A Coruña.
Tfno.: 981170218. Correo: bppmgonzalezgarces@xunta.es


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |