ENTREGA DE PREMIOS
Rexina Vega, Carlos López e An Alfaya premiados
11-06-2007
Rexina Vega gañou o Premio Xerais de Novela, Carlos López o Merlín de Literatura Infantil e An Alfaya o Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, premios entregados nestes días.
luixen ser escritora, e tardei moito, tanto que crin que ese desexo ía apodrecerme dentro”, asegura Rexina Vega, a flamante gañadora do Premio Xerais de Novela, fallado na Illa de San Simón este sábado. “Cardume”, a súa novela, narra a historia dunha familia viguesa desde finais da Guerra Civil ata os anos 70, “un álbum de recordos novelados”. Pola súa banda Carlos López, guionista do dúo de humoristas gráficos Pinto & Chinto, gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, concedido tamén por Xerais, con “Minimaladas”, oitenta e catro historias moi curtas con humor e poesía protagonizadas por animais e que, na súa edición impresa, estarán acompañadas polas ilustracións de David Pintor. Á súa vez, a escritora An Alfaya gañou o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con "Illa Soidade", unha novela de iniciación co trasfondo da mendicidade. Os tres autores cóntannos o argumento das súas obras gañadoras.
Imprimir