Noticias

Ana Luna

De nós para outras linguas

29-09-2008

Escolma de Ana Luna

Doutora en Filoloxía Francesa e profesora na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo, a súa docencia e investigación están centradas no ámbito da mediación intercultural no ámbito galego e pertence ao comité de redacción da revista de tradución Viceversa.

Traduciu O fantasma da Ópera de Gastón Leroux (Edicións Xerais, 1998), Rossi de F. L. Sauser, con edición electrónica na Biblioteca virtual da Asociación de Tradutores Galegos e Un chapeu de palla de Italia, de Eugène Labiche (Biblioteca- Arquivo Teatral «Francisco Pillado Mayor», 2004).

Escolmou para Praza das Letras nove títulos posíbeis de orixinais en galego, traducidos a linguas que van do éuscaro ao italiano, desde Marilar Aleixandre até María Reimóndez.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |