Noticias

Desde Italia

Alfredo Conde, Premio Civilta della Minorance

05-09-2008

Segundo recoñecemento italiano ao escritor, desta vez ao conxunto da súa obra literaria.

Alfredo Conde recibe o Premio Civilta della Minorance (Civilización das Minorías) de ámbito internacional na súa primeira edición. Convocado pola Fundación Grinza Cavour e a Fundación Cassa de Risparmio e la Regione Piamonte, recoñece o conxunto da obra literaria do escritor de Allariz.

Consolida así a súa presenza no sistema literario italiano, pois xa en 1990 a Fundación Grinza Cavour lle concedera o Premio Cavour á mellor novela estranxeira publicada en italiano por Xa vai o grifón no vento, a súa obra máis coñecida e discutida. Con esta novela obtivo tamén o Premio Blanco Amor, o Premio da Crítica Española e o Premio Nacional de Literatura do Estado.

No seu haber de recoñecementos están tamén os premios Ícaro e Chitón, por Memoria de Noa, o Premio Nadal, pola novela en castelán Los otros días, outro Premio da Crítica Española e o Premio da Crítica Galega, estes dous últimos por Breixo.

O crítico Anxo Tarrío sinalou como eixes temáticos principais da literatura de Conde o vitalismo, fundamentado na palabra como manifestación máxima, e o erotismo.

A súa presenza internacional Conde é salientábel, con boa parte dos seus libros traducidos a varias linguas, polo que foi proposto pola universidade de Melbourne para o Premio Nobel de Literatura.

Alfredo Conde acudirá ao acto de entrega do galardón, que terá lugar o sábado 22 e o domingo 23 de novembro en Ostana, na provincia de Torino.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Autores relacionados:

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |