O MINISTRO DE CULTURA ENTREGOU OS PREMIOS NO LIBER
OQO, Kalandraka e Faktoría K reciben os premios nacionais de edición
03-10-2007

OQO, Kalandraka e Faktoría K receben os premios nacionais de edición
Faktoría K de Libros, Kalandraka Editora e OQO Editora recibiron hoxe de mans do Ministro de Cultura, César Antonio Molina, o primeiro premio de Libros de Arte e o primeiro e terceiro premios para a Edición de Libros infantís e xuvenís respectivamente. Tamén foi finalista o traballo realizado polo grupo Obradoiro Penumbra na categoría adicada á Mellor Encadernación Artística.
As editoriais galegas acaparan así dous dos tres premios nacionais de edición de libros infantís e xuvenís e obténse por primeira vez a máxima distinción na categoría de Libros de arte. O primeiro premio para a edición de libros para os máis novos foi para o ’Gran libro de los retratos de los animales’, de Svjetlan Junakovic, editado por OQO Editora, mentres que ’Pucho, o habitador dos tellados’, de Manuel Janeiro e editado por Kalandraka, obtivo o terceiro posto. Faktoría K de Libros conseguiu o primeiro premio de Libros de Arte por ’Animalario: Arte de la India’, de Kanchana Arni e Gita Wolf.
Imprimir