Noticias

Adiantamos dous capítulos

Os milagres de Cristamar, narrativa quente

17-07-2008
Os milagres de Cristamar Os milagres de Cristamar
A novela de Chelo Suárez, gañadora do certame de literatura erótica de Edicións Positivas, sae á luz nos vindeiros días.
En canto non chega o luns 21 de xullo, podemos ir lendo os dous primeiros capítulos dos dezasete, canda un introito e unha síntese final, que compoñen a novela gañadora do IV Premio Narrativas Quentes que convoca Edicións Positivas, e que ficara deserto na anterior edición.

A novela de Chelo Suárez, ambientada, como acontecía con Eu é de Xurxo Borrazás, na Lisboa de cando o terremoto, xunta prostitutas, monxas, hermafroditas, castratos e mariñeiros. É tamén, segundo podemos ler na lapela "unha homenaxe á Coruña, cidade sempre vencellada ao cristal e ao mar".

A autora, finalista do Premio Xerais 2006 coa novela A venus de Cristal, que a editora tirou en 2008, prepara unha obra poética que sairá en Espiral Maior, e únese a Manuel Lourenzo, que gañou a primeira edición con Infidelicidades, a Alberte Momán, que se fixo coa segunda con O lobo da xente e mais ao autor do outro título publicado na colección Narrativas quentes, Xeografías, de Francisco Castro.

Imprimir


Comentarios (1)

#1 22/Xullo/2008 | Ernesto Doural dixo:

Polo que lin neste adianto, a novela paréceme toda unha sorpresa na arte de narrar. Cativadora é a palabra. Tárdame lela. Onde estaba agochada esta alfaia? Pedazo de escirtora!


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |