Manuel Lourenzo González resultou gañador do Premio Xerais de Novela 2008, dotado con 25 mil euros, pola súa obra
O Xardín das Pedras Flotantes, considerada polo xurado como "un relato de amor insólito, extraordinario e pasional" e presentada baixo o lema
Flor da Xunqueira e o seudónimo Manalva. Nesta categoría resultaron finalistas as obras cos lemas
As sereas de Tubinga e
Memoria de sal.
O Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con dez mil euros, foi nesta ocasión para a escritora
Marilar Aleixandre polo seu libro
A cabeza de Medusa, presentado baixo o lema
Eu son ti. Esta obra trata a problemática de dous novos estudantes. O premio foi concedido por unanimidade á novela de Aleixandre, que tiña como competidoras as obras
O derradeiro inverno e
Tusitala.
Por último, a xornalista e escritora Mar Guerra resultou gañadora do XXIII Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado tamén con dez mil euros, coa obra
Xenaro e o misterio da mochilota verde, presentada baixo o lema
... Cómpre botar unhas palabriñas máxicas e considerada polo xurado un "
thriller psicolóxico". O libro competiu nesta categoría coas obras
Indanonseiben (teatro),
Paspallasazul e
XX27/ni-0.
O fallo deuse a coñecer no acto literario-musical que tivo lugar na Illa de San Simón, en Redondela, ante os máis de 300 asistentes á gala.