Escolma de Darío Xohán Cabana
Doutras linguas para nós
15-05-2008

Flor de diversos
Darío Xohán Cabana, tradutor, narrador e poeta, realiza aquí unha escolma dunha ducia de títulos traducidos doutras linguas para o galego. Escolleu como data límite a metade da década dos 90 ante a imposibilidade que confesa na entrevista de incluír, nunha selección necesariamente limitada, sequera un conxunto máis representativo de textos clásicos ou canónicos dentro da historia da tradución en Galicia. Fala logo dunha “escolla simbólica” en que ficaron fóra algúns títulos da súa man, premiados polo labor de tradución: a tradución d'A Divina Comedia ou de Vida nova de Dante.
Imprimir