Noticias

Dosier "Quen traduce en Galicia?"

A iniciativa das editoras grandes

13-05-2008
A tradución convértese, xa que logo, na ferramenta coa que se conseguirá ampliar os contidos, así como un maior espallamento do libro galego. Proponse a publicación de edicións bilingües que permitan a presenza do libro galego noutros espazos xeográficos.

Coa chegada da democracia, o cambio de perspectiva leva consigo unha serie de transformacións na política editorial.

Inda que se inicia unha introdución masiva da edición de libro de texto en galego, dado que o galego quedou lexislado como vehículo e obxecto de estudo nos diversos niveis educativos, así como de traducións infantís e xuvenís, o mercado editorial segue amosando carencias debido ao baixo consumo do libro galego e ao escaso índice de profesionalidade.

Amais da aparición doutras, cabe destacarmos a fundación de Edicións Xerais de Galicia en 1979. No noso 2008, Xerais acaba de publicar o tomo i d'O segundo sexo, de Simone de Beauvoir, traducido por Marga Rodríguez Marcuño, tradución que comezou arredor de finais do ano 1998. Neste “ensaio de case 1000 páxinas”, R. Marcuño coméntanos que non se pode falar de cotradución, “pero si de revisión temático-filosófica realizada por África López Souto” e “doutras colaboracións puntuais e xenerosas”. Este primeiro volume verá a súa continuidade editorial no vindeiro outono, momento en que a tradutora nos comenta que vai tentar rematar a tradución do segundo tomo.

Previa á publicación d'O segundo sexo, aparece no ano 2007 a tradución ao inglés de Charenton, obra de Chus Pato publicada por Xerais no 2004. A poeta afincada en Montreal Erín Moure foi a tradutora dunha edición que saíu ao mercado da man de Shearsman, editorial inglesa especializada en poesía. Cóntanos Moure que viu “m-Talá en 2001 na Libraría Andel en Vigo e, mesmo antes de coñecer moito galego, sabía que se trata dun libro incríbel, importantísimo para a poesía en calquera idioma, e quería traducilo” e engade que “despois de mil atrancos, logrei ter un contrato para publicar Charenton”. Moure respóndenos que “non hai moita poesía traducida do galego cara ao inglés. A miña idea é que se traduzo eu uns libros, un/has poetas, os demais se interesarán nesta poesía”.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Novas relacionadas:

Dosieres relacionados:

Erín Moure

Erín Moure

Marga Rodríguez Marcuño, Manuel Bragado e Mª Xosé Queizán

Marga Rodríguez Marcuño, Manuel Bragado e Mª Xosé Queizán

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |