En teatro Millán Picouto recibiu o galardón por 'Ciclo de Marte', nunha noite en que tamén recibiron recoñecemento Ferrín e Yolanda Vilachao.
Nunha noite na que houbo destacadas ausencias, o momento máis emotivo chegou coa entrega do premio de honra a Rubén García, creador e director da
Mostra de Teatro de Ribadavia, e que tamén foi premiado hai unhas semanas na gala dos María Casares. García, que sofre unha enfermidade dexenerativa, recibiu un aplauso unánime que durou varios minutos, e co que os asistentes á Cea das Letras quixeron recoñecer a achega que a Mostra de Ribadavia e o propio Rubén García veñen realizando ao teatro galego nas últimas décadas.
Os socios da
Asociación de Escritores en Lingua Galega entregaron o sábado os premios aos autores máis destacados do ano. Houbo sorpresas, como a escolla de
Marica Campo e os sonetos do seu
Sextinario como a mellor obra poética da tempada, superando a
Chisco Fernández Naval ou a Miguel Anxo Fernán-Vello. Ou que o
Soño da Febre de
Miguel Anxo Murado fose considerada a mellor obra narrativa nun ano no que o
Made in Galiza de Sechu Sende fora acaparando todos os premios.
Si eran esperados por todos os premios para
Agustín Fernández Paz, por
O único que queda é o amor na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil; ou o recoñecemento a
De provincia a nación: historia do galeguismo político de
Xusto Beramendi como o mellor ensaio do 2007. En canto á tradución, foi premiado o traballo de Yolanda Vilarchao nos
Poemas canónicos de Konstantinos Kavafis, editados en galego por Rinoceronte. E en teatro, o gañador foi Millán Picouto, pola súa obra
Ciclo de Marte. Finalmente, Xosé Luis Méndez Ferrín fíxose co premio de 'literatura xornalística', un galardón entregado pola AELG e máis polo
Colexio Profesional de Xornalistas.
Lista de premiadosEnsaio: Justo G. Beramendi, pola súa obra
De provincia a nación: historia do galeguismo político (Edicións Xerais de Galicia)
Literatura Infantil e Xuvenil: Agustín Fernández Paz, pola súa obra
O único que queda é o amor (Edicións Xerais de Galicia), ilustrada por Pablo Auladell
Poesía: Marica Campo, pola súa obra
Sextinario: trinta e seis + tres (Sotelo Blanco Edicións)
Narrativa: Miguel Anxo Murado, pola súa obra
O soño da febre (Editorial Galaxia)
Tradución: Yolanda Vilarchao, pola súa obra
Poemas canónicos, de Konstantinos Kavafis (Rinoceronte Editora)
Teatro: Millán Picouto, pola súa obra
Ciclo de Marte (Ediciones Linteo)
Mellor traxectoria xornalística: Xosé L. Méndez Ferrín