Noticias

XVIII Xornadas de Lingua e Literatura

Álvarez Cáccamo, Luz Pozo ou Xabier DoCampo entre os autores do programa

04-04-2008
Cartel das Xornadas Cartel das Xornadas
Organizadas pola A AS-PG e a CIG-Ensino, desenvólvense na Facultade de Ciencias da Educación de Compostela os días 4 e 5 de abril.

Unha conferencia de Francisco Rodríguez sobre o centenario da morte de Curros Enríquez marca o comezo dunhas xornadas en que xa é tradición a posibilidade de escoitar as voces de escritores e escritoras, ben sexa na modalidade máis formal da conferencia ou nos seminarios denominados 'O/a autor/a fala da súa obra'.

Son estas unhas xornadas orientadas de maneira fundamental ao profesorado, algo que non adoita restarlle interese para un público máis xeral, dada a súa frecuente atención a cuestións do ámbito da sociolingüística así como á actualidade literaria.

Así, unha conferencia de Xosé María Álvarez Cáccamo sobre a figura a quen se lle dedica este 2008, co título de 'X. M. Álvarez Blázquez: vida e obra' que se poderá escoitar na tarde de hoxe, 4 de abril, a seguir da cal se poderá escoitar a poeta Luz Pozo falando do aniversario da morte de Luís Pimentel.

Na xornada do sábado 5 de abril Marta Dacosta impartirá o seminario 'Facerse ao mar: (pre)textos poéticos para falarmos de igualdade' e poderase escoitar a Séchu Sende e Antón Riveiro Coello falando da súa obra. E completa a parte literaria do programa unha mesa redonda co título 'A literatura galega actual, distintas vertentes' que xuntará a Camilo Franco, Marilar Aleixandre e XabierDocampo.

PROGRAMA

Venres 4

16:00 Entrega de material
17:00-17:30 Inauguración
17:30-18:30 Conferencia: No centenario da morte de Curros Enríquez
FRANCISCO RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, profesor de lingua e literatura castelá
18:45-19:45 Conferencia: X. M. Álvarez Blázquez: vida e obra
XOSÉ M. ÁLVAREZ CÁCCAMO, profesor e escritor
20:00-21:00 Conferencia: 25 anos da morte de Luís Pimentel
LUZ POZO GARZA, escritora

Sábado 5
mañá

10:00-11:15 SEMINARIOS
O autor fala da súa obra. ANTÓN RIVEIRO COELLO, escritor
Materiais dixitais para a aula. ROSA SALGUEIRO, profesora de lingua e literatura galegas
Creación literaria. No ollo da arte. ANTÍA OTERO, actriz e poeta
Facerse ao mar: (pre)textos poéticos para falarmos de igualdade. MARTA DACOSTA ALONSO, profesora de lingua e literatura galegas e poeta
Pautas para a elaboración de programación e unidades didácticas de lingua e literatura galegas I. ALFONSO DE LA SANTÍSIMA TRINIDAD GÓMEZ, profesor de lingua e literatura galegas
11:30-13:00 Mesa redonda: A literatura galega actual, distintas vertentes
CAMILO FRANCO IGLESIAS, escritor
MARILAR ALEIXANDRE, escritora
XABIER DOCAMPO, escritor
13:00-14:15 SEMINARIOS
O autor fala da súa obra. SECHU SENDE, escritor e profesor de lingua e literatura galegas
O proxecto lector de centro. OLGA PATIÑO ABEIXÓN, dinamizadora lingüística
A literatura oral. XOSÉ LUÍS RIVAS CRUZ e BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO (Mini e Mero) mestres
É. O verbo. Vídeo promocionado pola AS-PG e elaborado por Mª dos ANXOS GONZÁLEZ REFOXO e XOÁN CARLOS RÁBADE, profesores de lingua e literatura galegas
Pautas para a elaboración de programación e unidades didácticas de lingua e literatura galegas II. ALFONSO DE LA SANTÍSIMA TRINIDAD GÓMEZ, profesor de lingua e literatura galegas

tarde
16:30-17:30 Conferencia: O galego: normalización, substitución ou disolución?
CARLOS CALLÓN, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
17:45-18:45 Conferencia: Nos cen anos do himno galego
MANUEL FERREIRO FERNÁNDEZ, profesor na Universidade da Coruña
19:00-20:00 Poesía e imaxe. Proxección comentada de Peregrinaxe con Manuel María
Dirixida por LOIS DIÉGUEZ e realizada por XOÁN CARLOS GARRIDO




Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |