Noticias

Feira do libro na Habana

A capital da cultura galega está en Cuba

13-02-2008
A Cabaña A Cabaña

Chegou o día. A capital da cultura galega é dende este mércores e até o 24 de febreiro unha illa caribeña... a mesma na que viviron Curros, Cabanillas ou Neira Vilas, a mesma na que naceron o himno e a bandeira galegas e a Real Academia. A Feira Internacional do Libro da Habana, unha das máis importantes do mundo, inaugúrase este mércores con Galiza como país convidado. Ás sete da tarde, hora cubana (cinco horas máis en Galiza), na Praza de San Francisco, terá lugar a apertura oficial, nun acto oficial no que intervirá Ánxela Bugallo. A seguir actuará na mesma praza Mercedes Peón. A música galega continuará a ser protagonista da noite na praza da Catedral, na que se celebrará un coctail de benvida, con música do noso país en directo.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |