Noticias

En xogo unha viaxe á Habana

Letras de Galicia a Cuba

31-01-2008
Imaxe do concurso

A CRTVG coa colaboración Cultura organiza un concurso de microrrelatos.

Con motivo da presenza de Galicia como país convidado na Feira Internacional do Libro que terá lugar na Habana do 13 ao 24 de febreiro, a CRTVG sorteará entre os participantes unha viaxe para dúas persoas á feira cubana, xunto coa delegación galega.

Coa intención de que o pobo galego e o pobo cubano retomen o contacto epistolar que houbo tradicionalmente entre ambas as dúas beiras, a CRTVG proponlles aos galegos que lles escriban "unhas letras" aos cubanos, nos días previos á Feira do Libro da Habana. As mensaxes deben ser breves, de non máis de 160 caracteres, estar escritas en galego e ter vontade literaria. Os participantes poden deixar os seus microrrelatos na web do concurso.

O prazo para participar comeza hoxe e estenderase ata o día previo ao comezo da Feira, isto é, ata as 24:00 horas do 12 de febreiro. Todas as mensaxes recollidas ata ese momento participarán no sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Cuba co gallo da Feira Internacional do Libro da Habana e, unha vez comezada a Feira do Libro da Habana, serán entregadas aos seus destinatarios, o pobo cubano, a través dunha pantalla situada no pavillón de Galicia. Ao tempo, os visitantes que se acheguen á zona de Galicia no recinto feiral, poderá ir deixando alí mesmo as súas letras para o pobo galego, que estarán accesíbeis na páxina web da CRTVG.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Dosieres relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |