Noticias

INVESTIRÁ 1,3 MILLÓNS

Cultura prepara nova campaña

20-12-2007
Campaña para o fomento do hábito lector Campaña para o fomento do hábito lector
O corpo de medidas do bienio 2008-2009 basearase na acción participativa.
A Consellaría de Cultura e Deporte lanzará nos próximos meses unha nova campaña de promoción do libro e a lectura. Hoxe publicouse no D.O.G. o anuncio para a licitación da campaña, que se desenvolverá en 2008 e 2009 e na que a Consellaría investirá 1.300.000 euros.

Trátase dunha campaña dinámica baseada en accións participativas, que buscará a máxima efectividade e desenvolverase tendo en conta os cambios de hábitos nos lectores que se producen ao longo do ano. Estas medidas irán encamiñadas a promover os hábitos lectores, a consolidar o libro galego e potenciar o acceso ás bibliotecas.

Crearase un novo logotipo e desenvolverase unha estratexia completa de comunicación, que incluirá tamén accións na rúa para achegarse ao público, poñendo especial atención en datas de relevancia especial. Deste xeito, a campaña iniciarase antes da conmemoración do 23 de abril de 2008, Día Internacional do Libro.

Esta iniciativa da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural encádrase dentro do Plan da Lectura, que ordena de forma integral todos os esforzos que se realizan polo fomento da lectura e polo afortalamento de todos os actores do sector. Para iso prevese un investimento 50 millóns de euros até o ano 2011.


Imprimir


Comentarios (1)

#1 16/Marzo/2008 | xabier lago mestre dixo:

que as campañas de pomoción do libro e da lectura cheguen tamén ao Bierzo, que os galegofalantes necesitamos esas promociois. apertas. http://www.obierzoceibe.blogsp...


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Novas relacionadas:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |