"Empezar un ano é comezar un camiño. Principiar unha andaina por onde ninguén pisou antes."
Con estas verbas comeza Xabier P. Docampo o seu texto de xaneiro neste Calendario das Letras 2008, que ilustrou Xosé Cobas e que xa podes descargar
aquí para o faceres teu.
No calendario veñen marcadas as datas sinaladas do ano literario: o 24 de febreiro é o Día de Rosalía, en marzo celébranse os Días da Poesía e do Teatro, abril será de novo o Mes dos Libros, maio o das Letras, o 30 de setembro é Día da Tradución, o 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, novembro traerá a Semana da Tradición Oral...
Mais, efemérides á marxe, este calendario axudarache a confeccionar o teu propio Ano das Letras: velaquí doce meses e trescentos sesenta e cinco días por diante para os inzares de libros.