Noticias

A NARRATIVA DAS BALEAS

Anxos Sumai obten o II Premio Repsol YPF de narrativa breve

12-09-2007
"Así nacen as baleas", a primeira novela breve de Anxos Sumai foi a obra seleccionada hoxe na Coruña para levar o II Premio Repsol YPF de Narrativa Breve, dotada con 6.000 euros de premio.
A novela conta un drama familiar e naceu dunha única imaxe a partir da que foi crecendo unha historia. O xurado estaba integrado, entre outros, por Xosé Luis Axeitos, Miguel Anxo Fernán-Vello, Henrique Rabuñal, Anxo Tarrío e Carlos Lema.

Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |