Noticias

TRADUCIÓN

"Non matedes a mensaxeira!"

01-10-2007
Con motivo do Día Internacional da Tradución, xornada dedicada ao entendemento e intercambio entre culturas lingüisticamente distantes, desenvolveuse no Auditorio de Galicia un coloquio en que se trataron temas como o papel dos intérpretes nos conflitos bélicos.
O lema internacional deste ano é “Non matedes a mensaxeira!”, en referencia, precisamente, ás dificultades no traballo destes profesionais. Realizouse, así mesmo, unha homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla, a quen se lle dedica o día este ano en Galicia, polo seu dilatado labor e pola importancia do seu traballo, que xa o fixera merecente do Premio Plácido Castro pola tradución dun Breviario do pensamento clásico chinés.

Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |