Noticias

DEBUXO

Nace a mesa pola banda deseñada

03-04-2007
Stand de banda deseñada Stand de banda deseñada
A Consellería de Cultura e Deporte promoveu recentemente a creación dun grupo de traballo sobre banda deseñada para analizar con representantes do sector as súas necesidades e consensuar unha estratexia de actuación. Nesta mesa, ademais da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, están integrados o Consello da Cultura Galega, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), a asociación Polaquia, a asociación BD Banda, as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense e a mostra Viñetas desde o Atlántico.
Amais da proxección exterior da banda, coa súa presenza no Saló del Comic de Barcelona ou nas feiras do libro de Boloña ou Frankfourt, tamén se levarán a cabo actividades de difusión entre as cales salientan as exposicións itinerantes 'A historieta galega', 'As bases da banda' e 'A banda avanza'. Así mesmo, realizarase un calendario da banda deseñada galega e un cd promocional con documentación sobre autores e obras. A actividade divulgativa en bibliotecas e centros escolares verase complementada co desenvolvemento de unidades didácticas e de obradoiros.

Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |