HOMENAXE A PÉREZ BARREIRO
Aumentan un 60% os orzamentos destinados á tradución
29-09-2007
Neste 2007 a conmemoración do Día Internacional da Tradución tivo como lema ‘Non mate a mensaxeira!’, en alusión aos profesionais que traballan en zonas de conflito. Realizouse o día 27 de setembro unha mesa redonda verbo da tradución e o 3 de outubro unha homenaxe ao traductor galego Fernando Pérez-Barreiro Nolla.
O apoio de Cultura ao sector da traducción non se limita a festexar o seu santoral, San Xerome, e este ano incrementouse un cento por cento a dotación das axudas con respecto ao anterior e está prevista unha suba do 60 por cento para o 2008.
Cada ano convócase unha orde de axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución a outras linguas de obras en galego e á tradución ao galego de escritos noutros idiomas. Ante o aumento da demanda, a Consellaría de Cultura decidiu incrementar a dotación das subvencións neste 2007 achegando 204.000 euros, cifra que vai aumentar nun 60 por cento para o próximo ano.
Así mesmo, á convocatoria do 2007 presentáronse 67 proxectos de tradución ao galego e 50 do galego a outras linguas, fronte ás 37 e 21, respectivamente, do ano anterior.
Imprimir