PROPIETARIO DA LIBRARÍA COUCEIRO
Xesús Couceiro: "A eiva do mundo do libo radica en que está adormecido"
05-12-2006
Pensas que no Proxecto de Lei do libro están recollidas as medidas necesarias para as librarías?
Non son as librarías as máis beneficiadas das medidadas do Proxecto de Lei, de feito, se se leva a cabo o espírito da Lei o beneficiado debería ser o sector; máis se se considera sector estratéxico. A eiva do mundo do libro radica en que o sector está adormecido e sen forza comercial, e non hai produción que se poida comercializar se non conta cunha promoción agresiva. Esa agresividade é a que falta na promoción do libro.
Cal é o ámbito editorial de atención prioritaria na promoción do libro e da lectura?
Todos os ámbitos en xeral. É necesaria unha maior promoción nas bibliotecas, nos centros escolares e dentro da propia familia.
Cales son os puntos febles do sector? E as medidas máis urxentes?
O punto feble é a falta de agresividade no promoción do libro, algo que depende do sector. O sector do libro está empobrecido e debe ser capaz de levar a cabo as medidas necesarias para promover a lectura; para iso a mellor ferramenta é a publicidade. No relativo ás medidas que deberían tomarse, a primeira promoción debe ser a dos centros escolares para que as novas xeracións collan gusto pola lectura, e tamén é necesario crear un hábito de visita á biblioteca.
Imprimir