Noticias

UN CONTO DE PEROZO ABRE A COLECCIÓN

O Consorcio de Santiago promove unha Biblioteca Infantil de libros ilustrados relacionados con Compostela

09-01-2007
Un conto de Xosé Antonio Perozo con ilustracións de Andrés Meixide abre a primeira das coleccións que constituirán a Biblioteca Infantil do Consorcio de Santiago.
Esta entidade interadministrativa, de titularidade municipal, acordou con distintas editoriais a publicación dunha serie de títulos que cada editora sacará nun formato e cunha liña específica. A presenza da cidade, a súa historia e os seus personaxes máis coñecidos será unha constante das obras. A colección coa que comeza está editada por Sotelo Blanco e leva como nome Branco de Cores , ten previstos seis títulos dos que xa sacou os dous primeiros. Nun par de meses sairá outra colección da Biblioteca Infantil do Consorcio editada por Kalandraka e con ilustracións de Kiko da Silva sobre unha narración de Paco López Barxas.

Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |