EN NOVEMBRO
A AGE prepara o programa do IV Simposium 'O libro e a lectura'
24-08-2007
A Asociación Galega de Editores traballa no avance da programa da que será a cuarta edición do Simposium O Libro e a Lectura. A actividade tense convertido nun referente anual para estudiantes, editores, bibliotecarios, e todos aqueles que interveñen ou interactúan no mundo do libro.
O IV Simposium vai abordar un aspecto controvertido e de moita actualidade: O libro e o mercado. Está previsto que expertos -procedentes de diferentes comunidades autónomas españolas- interveñan no seu desenvolvemento, previsto para os días 15 e 16 de novembro no auditorio da sede do Consello da Cultura Galega. Máis de setenta persoas asistiron e participaron na pasada edición, organizada baixo o tema : Bibliotecas, Lectura e Edición.
Imprimir