Noticias

Lois Pereiro
Lois Pereiro

Lois Pereiro, homenaxeado nas Letras 2011

13-07-2010 A Real Academia Galega vén de decidir que Lois Pereiro (Monforte 1958-A Coruña1996) sexa o protagonista do Día das Letras do vindeiro ano 2011.
Módicos

Módicos, nova aposta editorial conxunta

13-07-2010 Por primeira vez no eido literario galego bota a andar unha colección que inclúe obras de distintas editoriais. ‘Os Módicos’, que así se chama, comparten deseño común sobre a base do logo de cada editora, mesmo formato (de 10×15cm) e un prezo único de 9,90 euros.
Iolanda Zúñiga

Iolanda Zúñiga, nova Premio Xerais de Novela

13-07-2010 Dúas mulleres foron as protagonistas absolutas dun dos eventos máis importantes da literatura galega, os Premios Xerais. Iolanda Zúñiga foi a galardoada co premio de Novela deste 2010 grazas á súa obra ‘Periferia’; e Teresa González Costa foi merecedora do Premio Merlín de literatura infantil por ‘A filla do ladrón de bicicletas’.
Uxío Novo Neira

2010 Ano Novoneyra

16-07-2010 O 2010 foi o ano de Uxío Novoneyra (1930, Parada de Moreda (O Courel) - 1999, Santiago), o poeta que marcou unha inflexión na historia da poesía galega.  Reedicións, biografías, xornadas, camiñatas polo Courel...  a súa obra percorreu institutos, prazas, rúas e recitais.

Ramón Piñeiro: pensamento, cultura e política

17-11-2009

Un congreso reúne a algúns dos máis destacados intelectuais galegos para reflexionar sobre o legado de Piñeiro.


Dixitalizar o patrimonio bibliográfico

12-11-2009

A Consellaría de Cultura e Turismo coordinará a dixitalización de fondos antigos a través da Biblioteca de Galicia.


Nove traducións máis para “Bivir”

11-11-2009

A Consellaría de Cultura e Turismo asina un acordo coa Asociación Galega de Tradutores para financiar estas traducións.


Cando o poeta é a estrela

11-11-2009

A Coruña aposta por un programa de recitais estable e ambicioso que comeza o martes 17 con Aute e Lucía Aldao.


Mostrar anteriores

Feiras

Grandes narradores, pero pouco visibles

19-10-2009

Francisco López comprométese a promocionar a literatura galega nos mercados internacionais.

Premios

Xoán Babarro gaña o premio Pura e Dora Vázquez de narración

19-10-2009

O xurado premiou por unanimidade o relato 'Palabra era un universo paralelo'.

María Reimóndez gaña o Plácido Castro

06-10-2009

Fíxose coa oitava edición do certame polo seu traballo na obra Mary Prince, unha escrava das indias occidentais.

Daniel Montero gaña o Castelao de BD

22-09-2009

“Sen mirar atrás” impúxose ás outras sete obras presentadas á quinta edición do premio.

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |