Dossiers

Un premio nos 25 anos


07-06-2008 A Editorial Xerais entregoulleo seu Premio de Novela a Manuel Lourenzo González, o Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil a Marilar Aleixandre e o XXIII Premio Merlín de Literatura Infantil a Mar Guerra.
Manuel Lourenzo González resultou gañador do Premio Xerais de Novela 2008, dotado con 25 mil euros, pola súa obra O Xardín das Pedras Flotantes, considerada polo xurado como "un relato de amor insólito, extraordinario e pasional" e presentada baixo o lema Flor da Xunqueira e o seudónimo Manalva. Nesta categoría resultaron finalistas as obras cos lemas As sereas de Tubinga e Memoria de sal.

O Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con dez mil euros, foi nesta ocasión para a escritora Marilar Aleixandre polo seu libro A cabeza de Medusa, presentado baixo o lema Eu son ti. Esta obra trata a problemática de dous novos estudantes. O premio foi concedido por unanimidade á novela de Aleixandre, que tiña como competidoras as obras O derradeiro inverno e Tusitala.

Por último, a xornalista e escritora Mar Guerra resultou gañadora do XXIII Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado tamén con dez mil euros, coa obra Xenaro e o misterio da mochilota verde, presentada baixo o lema ... Cómpre botar unhas palabriñas máxicas e considerada polo xurado un "thriller psicolóxico". O libro competiu nesta categoría coas obras Indanonseiben (teatro), Paspallasazul e XX27/ni-0.

O fallo deuse a coñecer no acto literario-musical que tivo lugar na Illa de San Simón, en Redondela, ante os máis de 300 asistentes á gala.

Imprimir


Comentarios ()


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |