Dossiers

Quen traduce en Galicia?


Tradución e edición

13-05-2008
O que non deixa lugar a dúbidas é que a formación resulta ser eficaz para conseguir ser unha boa ou un bo profesional. Os estudos universitarios teñen, xa que logo, que ir en paralelo coas prácticas da tradución profesional. Nesta liña, dinos González Barreiro que Faktoría K entende “a tradución como unha fase do proceso de edición, totalmente incardinada e coordinada cos demais procesos e que é sometida a tres filtros”. Por outro lado, Pedreira alude a que “a tradución é a razón de ser de Rinoceronte e, naturalmente, un proceso longo e laborioso. En calquera caso, a persoa encargada da edición é quen vai revisar en última instancia o texto e tomar as decisións respecto da súa publicación”.

Se atendemos ao que nos indica Moure, para ela “as editoriais de poesía teñen moita paciencia! A tradución ten que ser excelente. As urxencias da editorial non mandan. Traballo o máis rapidamente posíbel, e traballo para a linguaxe. Poden buscar outra tradutora se queren un traballo mal feito!”.

Os protocolos de actuación descritos responden a unha busca da calidade na tradución. No caso de González Barreiro, acláranos que “para unha editorial que basea unha parte importante do seu catálogo na tradución do e ao galego, é fundamental ter un protocolo de traballo que garante a fidelidade á obra orixinal, o respecto pola obra do tradutor e polos lectores”. Pola súa banda, Pedreira puntualiza “as veces mesmo é posíbel consultar ao autor/a, se está vivo e é accesíbel”.

Disque a tiraxe denota a saúde da edición; para González Barreiro o número de exemplares responde á consideración sobre a acollida que vai ter o libro. Tamén nos advirte de que caso á parte é un título como O neno do pixama de raias, de John Boyne, traducido por Daniel Saavedra, que xa vai pola terceira edición. Pola súa parte, Pedreira indícanos que “o único criterio para estabelecela é o das expectativas de vendas”.

En consecuencia, as reivindicacións emitidas por González Barreiro e Pedreira reclaman políticas editoriais e educativas que posibiliten un maior número de lectores en galego, así como un maior consumo de textos traducidos de calidade.


Imprimir


Comentarios ()


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |