A nova vida
11-12-2006
Áo pouco de morrer Lois Tobío, a súa filla Constanza rescataba entre os seus papeis o orixinal dunha novela. Nas primeiras liñas, un acordar: "Aquela mañá espertara máis tarde do acostumado. Durmira ben, dunha asentada, sen soños. Máis ó voltar daquel mundo vello e sempre novo, ó rexurdir daquel mergullamento, traía consigo unha nova idea."
A idea era a de liscar na busca dunha nova vida. A nova vida, a historia de Antón, a novela inédita de Lois Tobío. Co centenario do nacemento de Tobio, Ediciós do Castro publicou A nova vida, a súa única incursión na creación literaria. Novela curta na que recrea espazos e vivencias da súa adolescencia. É a historia dunha procura e dun personaxe itinerante, tamén a reconstrución, con retallos de memoria e ficción, das primeiras décadas vitais do propio Lois Tobío.
Imprimir