O I Congreso da Emigración Galega
17-10-2007
Lois Tobío terá un singular protagonismo no I Congreso da Emigración Galega que se desenvolveu en Bos Aires entre o 21 e o 31 de xullo de 1956 e que reunirá destacados representantes da política e da cultura da Galiza da diáspora como o Xosé Velo, Emilio González López, Neira Vilas ou Xesús Canabal. No Manifesto, Tobío insta a facer unha reflexión compartida sobre a achega da Galicia da emigración e «tomar consciencia do que temos feito, do que facemos e do que debemos facer os galegos que andamos espallados por estas terras. Cal é a nosa misión, cales as nosas obrigas, cara a Galiza, cara as terras onde vivimos, e aínda cara a humanidade enteira».
Imprimir