O Consello de Galiza
11-12-2006
Tobío achegará a Castelao a fundamentación xurídica do Consello de Galiza como depositario da legalidade do autogoberno nacional que institucionalizou o Estatuto de autonomía plebiscitado en xullo de 1936 polo pobo galego. O Consello constituíuse o 15 de novembro de 1944 en Montevideo e foi promovido por catro deputados galegos: Alfonso R. Castelao, que logo sería o seu presidente, Suárez Picallo, Alonso Ríos e Elpidio Villaverde. O Consello foi recoñecido polas autoridades repubiicanas no exilio e colaborou estreitamente co Goberno vasco e a Generalitat.
Imprimir