11-12-2006
O
SEG, institución fundamental na ideación da identidade de Galiza e na investigación da nosa historia e cultura, foi creado por un grupo de mozos universitarios entre os que se contaban, entre outros, Lois Tobío, Bouza Brey e Filgueira Valverde no outono de 1923. O SEG posibilitou, nos seus trece anos de historia, o vencello dun bo número de profesores e alumnos universitarios cos intelectuais máis sobranceiros do galeguismo como Risco, Otero Pedrayo, López Cuevillas ou Castelao. En novembro de 1923, Tobío leu o seu traballo de ingreso no SEG: "Algunhas moedas castelás atopadas no Valadouro". Tobío será secretario de actas do SEG e un dos redactores dos seus Estatutos.