Axenda



Toussaint presenta "Fuxir" en Compostela

Casino de Santiago
20:00
  • FEB 07
Jean-Philippe Toussaint Galaxia vén de publicar a tradución ao galego de Fuir, novela pola que o autor belga recibiu o Premio Médicis.
Jean-Philippe Toussaint estará hoxe no Casino de Santiago para protagonizar o acto de presentación de Fuxir, versión galega editada por Galaxia da novela que, en 2005, fixo o escritor bruxelense merecedor do prestixioso Premio Médicis. O acto dará comezo ás 20:00 horas.

As dúas novelas máis recentes de Toussaint, Faire l'amour (2002) e Fuir (2005) supuxeron un novo xiro á súa obra e coñécense como as dúas partes dun díptico: ambas as obras comparten escenario asiático; a primeira narra unha ruptura e a segunda, as consecuencias da mesma; a primeira desenvólvese nun hotel, a segunda fica sempre en movemento. O estilo de Toussaint adquire, nesta etapa recente, unha compoñente máis visual e cinematográfica. Non en van o autor ten escrito guións de cine e mesmo dirixiu La patinoire en 1999.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |