III Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil
Baía Edicións, A Coruña
14:00

Convocado por Baía Edicións, está dotado con 2.500 euros mais publicación da obra na colección do mesmo nome.
Poderá concorrer ao premio calquera autora ou autor dunha obra orixinal escrita en lingua galega (de conformidade coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola RAG o 12 de xullo de 2003), inédita e non premiada, sen límite de páxinas, escritas en letra Times corpo 12 e a dobre espazo.
Presentarase o orixinal e cinco copias antes do 17 de Maio de 2008 en:
Baía Edicións
Polígono Pocomaco, 2ª Avda.
Parcela G-18, Nave Posterior
15190 A Coruña
Teléfono 981 174 296
Con cada orixinal, que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico do autor ou autora, así como o título da obra e grupo de idade ao que vai dirixida (8 a 12 anos ou 12 a 16). O premio, que poderá quedar deserto, consta dun único galardón de 2.500 euros. A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira. A resolución do xurado darase a coñecer o 1 de outubro de 2008.
Imprimir