Axenda



XXIII Premio Merlín de Literatura Infantil

Edicións Xerais de Galicia, Vigo
14:00
  • ABR 07
Premio Merlín Convócase novamente a edición 2008 do certame máis antigo de literatura galega infantil, dotado con 10.000 euros.
Poderán concorrer ao premio todos aqueles autores/as de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais.

De cada orixinal presentaranse seis copias en papel tamaño folio ou holandesa, mecanografados a dobre espazo, antes do día 7 abril de 2008 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia. Co orixinal, que deberá ser presentado baixo lema, adxuntarase en sobre pechado o nome completo, enderezo e teléfono do autor/a, así como o título da obra, indicando no sobre: "para o Premio Merlín de Literatura Infantil".

Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Rúa Doutor Marañón, 12
36211 Vigo

A composición do xurado darase a coñecer no mes de maio. Este emitirá o seu fallo no curso da Cea Xerais que se celebrará o día 7 de xuño.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |