O Concello de Arteixo, a través da Concellería de Muller, convoca o VI Certame Xornalístico Dora Vázquez 2008. Con esta actividade quérese difundir a opinión das mulleres en todos os ámbitos, estimular o pensamento e a escrita no ámbito político, social, económico, deportivo e cultural, facendo fincapé na situación historicamente desigual das mulleres, na difusión da súa creación literaria e na escoita da súa opinión.
Poderán concorrer todas as mulleres que o desexaren cun artigo de opinión inédito, único e orixinal, de temática libre e escrito en galego. O artigo, que terá unha extensión de entre 1500 e 2200 caracteres, optará a un premio de 600 euros e a publicación nos xornais La Opinión de A Coruña e El Ideal Gallego.
Os artigos poderanse presentar ou enviar, facendo constar "PARA O CERTAME XORNALÍSTICO DORA VÁZQUEZ", antes do
15 de febreiro de 2008 a:
Concello de Arteixo
Pza. Alcalde R. Dopico, 1
15142 Arteixo (A Coruña)