XIII Concurso Literario Ánxel Casal
Concello de Santiago de Compostela
14:00

O certame está dirixido a alumnos e alumnas de secundaria, coas modalidades de poesía, teatro e conto.
O Concello de Santiago de Compostela leva adiante unha nova edición do Premio Ánxel Casal, coa fin de promover a creación literaria na mocidade e de lembrar a figura deste insigne galeguista e antigo alcalde da cidade. Poderán concorrer ao concurso alumnos e alumnas de ensino non universitario de Galicia a partir dos 14 anos.
As obras, escritas en lingua galega, serán inéditas e de tema libre. Os traballos terán un mínimo de 100 versos na modalidade de poesía e un mínimo de 10 páxinas a dobre espazo nas modalidades de conto e teatro. En cada unha destas modalidades concederase un primeiro premio, dotado con 1.000 euros, e mais un segundo premio, dotado con 700 euros.
O prazo para a admisión de traballos conclúe o 25 de marzo de 2008. Estes deberán enviarse por correo certificado a:
XIII Concurso Literario Ánxel Casal
Concello de Santiago de Compostela - Departamento de Educación
Praza do Obradoiro, 1
15705 Santiago de Compostela.
Imprimir