IV Premio Erotismo Narrativas Quentes
Edicións Positivas, Santiago de Compostela
20:00

Edicións Positivas convoca por cuarta vez o seu certame de narrativa erótica, agora con carácter anual.
A editorial compostelá decidiu facer anual a convocatoria do seu Premio Narrativas Quentes, que até o de agora se organizaba cada dous anos. A última edición, en 2006, quedara deserta. Antes levaran o premio Alberte Momán, con O lobo da xente, e mais Manuel Lourenzo, que na edición inaugural foi galardoado por Infidelicidades.
Poderá concorrer a este premio calquera obra narrativa inédita, sexa novela ou relatos, escrita en galego e que teña unha extensión mínima de 60 folios mecanografados a dobre espazo e máxima de 250. Haberá un único premio que consistirá na publicación da obra en Edicións Positivas.
O prazo remata o 1 de marzo de 2008. Os traballos enviaranse por triplicado a:
Edicións Positivas
IV Premio Erotismo Narrativas Quentes
Xeneral Pardiñas, 15-17, local 10
15701 Santiago de Compostela
Imprimir