Axenda



I Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados

Rexistro Xeral do Concello de Santiago
12:00
  • XAN 31
I Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados Kalandraka e o Concello de Santiago convocan por primeira vez este certame, dotado con 12.000 euros.
O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e mais Kalandraka Editora queren premiar o libro que mellor complemente textos e ilustracións na construción do relato. Estabelécese un único premio dotado con 12.000 euros e poderán concorrer traballos escritos en calquera dos idiomas peninsulares.

Os traballos poderán presentarse en calquera formato e tamaño, pero nunca superarán as 40 páxinas. Deberán entregarse en sobre pechado, baixo lema ou pseudónimo, no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela (Rúa Presidente Salvador Allende, 5) antes das 12.00 horas do 31 de xaneiro de 2008. A obra gañadora será editada por Kalandraka en decembro de 2008.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |