Axenda



VIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Concello de Sarria
14:00
  • XAN 31
VIII Fiz Vergara Vilariño Conclúe o prazo de entrega deste certame convocado polo Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos.
As obras presentadas deben estar escritas en lingua galega cunha extensión mínima de 400 versos. Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame. Presentaranse por quintuplicado, mecanografados a dous espazos e baixo plica, e deberán remitirse por correo certificado a:

VIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño
Concello de Sarria
Rúa Maior, 14
27600 Sarria

O premio está dotado con 6000 euros. O xurado poderá deixar deserto o premio se considera que as obras presentadas non acadan unha mínima calidade. A obra premiada será propiedade do seu autor ou autora, agás a primeira edición, que será publicada pola Editorial Espiral Maior.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |