Axenda



XVII Certame Manuel Murguía de Narracións Breves

Concello de Arteixo
14:00
  • MAR 01
XVII Certame Manuel Murguía de Narracións Breves O Concello de Arteixo convoca este premio para contribuír ao desenvolvemento da literatura galega e honrar a Murguía.
Poderán concorrer tódolos autores que o desexen con unha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega. O prazo para a entrega de traballos permanecerá aberto até o 1 de marzo de 2008.

Poderá participar calquera persoa cunha única obra, de temática libre e escrita en galego. Os relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior aos 15 folios nin superior aos 30. Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espacio, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Ademais, achegaranse nun sobre pechado o título, lema, nome, enderezo, teléfono e currículo do autor.

As obras deben enviarse ao 17º Certame Manuel Murguía de Narracións Breves, Concello de Arteixo, Praza Alcalde Ramón Dopico, 1. 15142 Arteixo (A Coruña). Establécese un único premio dotado con 3665 euros, sometido á correspondente retención. O galardón pode declararse deserto ou ser repartido "ex aequo" entre dous autores.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |