Axenda



Charla do debuxante Fran Bueno

Biblioteca Municipal de Ferrol
19:30
  • SET 18
Intervén nas xornadas sobre ilustración, banda deseñada e animación organizadas pola Concellaría de Cultura de Ferrol.
O ilutrador Fran Bueno (Santiago de Compostela, 1967), licenciado en Belas Artes, comezou a súa carreira como autor de cómic en publicacións como Tótem, na que gañou en 1989 o I Premio do Concurso Nacional de Cómics da revista, e Frente Comixario. En 1992 publicou o seu primeiro álbum O máxico arrecendo (Vía Lactea). Durante esta primeira época alternou o seu traballo no mundo da historieta coa ilustración de libros infantís e a animación dentro do estudo Tangaraño.

Continuou editando as súas historias en revistas como Elipse ou BD Banda. En 2004 comezou a súa andaina internacional. En Francia publicou Sales coups sur Strombo e distintas tiras na revista Lafeust (Soleil), con Pierre Veys ao guión. En Estados Unidos sacou Noble Causes, converténdose así no primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense.

A Concellaría de Cultura ferrolá convocou a diferentes representantes da banda deseñada, a ilustración e a animación en Galicia no desenvolvemento destas xornadas ao longo de varias semanas. A pasada semana falou Kiko da Silva e os vindeiros xoves ata o día 9 de outubro intervirán Fausto Isorna, Siro López e Xaquín Marín.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |