Axenda



Urco Editora estrea instalacións

Santa Uxía de Ribeira, 2, Baixo
20:30
  • SET 05
A editorial especializada en literatura gótica, fantasía e ciencia ficción inaugura sede en Ribeira.
Urco Editora celebra a inaguración do seu novo local cunha festa aberta na que convidará a polbo, cacheira, pementos de Padrón e petiscos variados, acompañados de viño e cervexa.

Creada a finais de 2007, Urco botou a andar con tres coleccións -Gótica, Fantasía e Ciencia Ficción- para encher un oco no eido da tradución ao galego. Emprega textos xa liberados de dereitos de autor, polo que edita baixo licenzas Creative Commons. Así mesmo, fai unha aposta polo uso do software libre en todos os chanzos do proceso editorial como camiño cara a unha cultura liberada.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |