Axenda



Homenaxe a Ánxel Casal

Cacheiras, Teo
20:30
  • AGO 19
A Fundación Castelao e a Asociación de Recuperación da Memoria Histórica A Oliveira lembran a figura do editor no lugar onde apareceu fusilado no 36.
A homenaxe terá lugar ás 20.30 horas en Montouto, no monólito levantado para recordar o lugar no que apareceu o corpo de Casal en 1936. Xunto a representantes da Fundación Castelao e da asociación A Oliveira, participarán no acto os alcaldes de Teo, Martiño Noriega, e de Arzúa, Xaquín García.

Ánxel Casal (1895-1936) foi o editor por excelencia dos anos vinte e trinta. Publicou a todos os escritores do momento, desde os homes da Xeración Nós (Otero, Risco, Castelao…), así como os intelectuais que formaban parte do Seminario do Estudos Galegos, máis a todos os poetas novos (Carvalho Calero, Manuel Antonio, Cunqueiro…).

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |