Axenda



I Xornadas de Anime Mangagalego

Fundación Caixa Galicia, A Coruña
11:00
  • AGO 19
  • AGO 20
  • AGO 21
Unha achega de títulos inéditos no Estado para os seguidores da banda deseñada e a animación xaponesa.
Nacen con vocación de continuidade as I Xornadas de Anime, organizadas pola Asociación Cultural Mangagalego. Nelas preséntanse unha ducia de series de diferentes xéneros, entre as que destacan Code Geass, Soul Eater, Suzumiya Haruhi non Yuutsu ou Stellvia.

Tamén se proxectan tres filmes, entre eles Toki wo Kakeru Shojo, gañador do premio ao mellor filme de animación no Festival de Sitges, e material non licenciado, é dicir, pezas que non saíron do Xapón e que, polo tanto, non están dobradas. A asociación realizou un esforzo para pasar a meirande parte delas con subtítulos en galego.

Hai ademais actividades complementarias das proxeccións, como un concurso que premia ao mellor cosplay, é dicir, ao mellor disfrace temático.

Imprimir

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |