A traxectoria vital de
Avilés de Taramancos (1935-1992) desenvólvese nun marco espazo-temporal que o leva de Galiza a Colombia e do país andino á terra, á súa Ítaca particular: Taramancos. Ao tempo, as circunstancias socio-políticas do tempo en que viviu –marcado pola sublevación militar do 36 e a longa noite de pedra do franquismo– até chegar á democracia, conforman unha personalidade e unha obra que cómpre analizar no marco da Memoria Histórica. Os obxectivos fundamentais do curso xiran en volta das diferentes etapas do poeta, inseridas no contexto histórico da xerazón da guerra e do franquismo e nos vinte anos de estadía colombiana, que son así mesmo obxecto de análise.
[Texto de presentación do curso]
Os ponentes deste seminario son Xerardo Agrafoxo, Xosé Manuel Beiras, Manuel Caamaño, Pilar Cagiao, Lourenzo Fernández Prieto, Salvador García-Bodaño, Pedro García, Aurora Marco, Xoán Pastor Rodríguez, Ana Romaní, Pilar Sampedro e Socorro Santos.