Axenda



XX Bienal do Libro de Sao Paulo

Parque de Exposições Anhembi, Sao Paulo
  • AGO 14
  • AGO 15
  • AGO 16
  • AGO 17
  • AGO 18
  • AGO 19
  • AGO 20
  • AGO 21
  • AGO 22
  • AGO 23
  • AGO 24
O expositor da Asociación Galega de Editores representa a literatura do país.
A produción editorial galega estará presente na XX Bienal Internacional do Libro de Sao Paulo, dentro do expositor da Asociación Galega de Editores (AGE) en colaboración coa Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), a Consellería de Cultura e Deporte e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As empresas do sector estarán representadas no evento por algunhas das súas obras máis significativas e varios membros do gremio se desprazarán ata Brasil, na viaxe organizada dentro do Plan Foexga pola Cámara de Comercio de Pontevedra, co obxecto de establecer contactos con diferentes actores do mundo editorial.

Estará presente no stand da AGE a obra de editoriais como Nova Galicia Edicións, A Nosa Terra-Promocións Culturais Galegas, Ir Indo Edicións, Netbiblo, Edicións Espiral Maior, Edicións Laiovento, Edicións Positivas, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Galaxia, Linteo Ediciones e OQO Editora, ademais do material promocional destas e doutras editoras como Edicións Tambre, Editorial Toxosoutos, Nigra Trea, Everest Galicia, Baía Edicións, Editorial Tris Tram, Edicións do Cumio, Rodeira-Edebé e Ideaspropias Editorial.

A Bienal, que nesta edición ten como países convidados a España e Xapón e que organiza cada dous anos a Cámara Brasileira do Libro, está considerada un dos maiores eventos mundiais do sector editorial.

Imprimir

Novas relacionadas:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |